Nestes días a Asociación estivo representada en varios eventos relacionados co Camiño. O presidente, tesoreiro e algún socio participaron por un lado na presentación do proxecto "Arte en pedra seca na albariza de Bustelo". A artista madrileña Lucía Loren presentou a súa obra nesta albariza, no concello de Quiroga, e a nosa asocación estivo representada nesa presentación. Sinalar que, relacionado con este proxecto, o tesoreiro impartiu unha conferencia na Casa de Cultura de Quiroga sobre a historia do Camiño de Inverno e da nosa propia asociación, charla enmarcada dentro do obradoiro "Pedra seca e arte contemporánea"

Noticia na Voz de Galicia

Por outro lado tamén estivemos representados nun importante congreso en Santiago, baixo o título "A distinct model of tourism in Europe: El Camino de Santiago", no que diversas personalidades internacionales deron conta das virtudes dos Camiños a Santiago como modelo turístico de futuro; congreso que contou co recentemente elixido presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Xa por último comentar que o presidente do Real Valladolid e exfutbolista de fama internacional Ronaldo Nazario fará o Camiño de Inverno en bicicleta. Unha mostra máis de que o Camiño que transcurre pola nosa zona xa se promociona por si só; conta delo tamén da o número cada vez máis elevado de peregrinos que vemos polas nosas terras.