Membros da Asociación asistiron á inauguración dun novo aloxamento para peregrinos e público en xeral na vila de Chantada.

O novo establecemento é o HOSTAL DPASO, situado moi preto do Camiño de Inverno, concretamente na Rúa Rego, 13. 

A xúa xerente, Iria, explicounos que é unha iniciativa completamente privada, unha aposta familiar por ofertar en Chantada un formato que por agora non existe, un hostal que dispón de locales con 2 ou 4 camas, baños e duchas compartidas e dous amplos espazos de esparcemento, un deles descuberto a modo de terraza. En total 28 prazas nun local cómodo e moderno.

Pode ser unha boa opción para os peregrinos que, polo noso Camiño, queiran pernoctar na vila de Chantada.