Percorridos 2022

Despois dun longo periodo de incertidume e de non poder levar a cabo a programación prevista de actividades da Asociación, iniciamos este ano con ánimos renovados.

Pretendemos que este ano sexa o da volta á normalidade da Asociación, para elo vimos organizar a programación de actividades para a primeira metade do ano, nela incluimos varias etapas do Camiño de Inverno, que pretendemos realizar na súa totalidade neste Ano Santo, maís tendo en conta que será o primeiro que se celebre coa oficialidade do Camiño que atravesa a Ribeira Sacra. Ademais, como sempre, tamén programamos outras viaxes, neste caso unha á zona norte de Portugal e sur de Galicia para retomar o Camiño Portugués, que tiñamos aparcado dende que empezou a pandemia; a outra a Polonia, continuando coas viaxes anuais a algún país europeo.

Tan só queda desexar que a pandemia remita e poidamos realizar estas actividades programadas sen incidencias.