Emotivo y multitudinario homenaje a AIDA MENÉNDEZ LORENZO,  presidenta de la "Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra", fallecida el pasado 13 de julio.

 

Se iniciaron los actos en la iglesia de los PP. Escolapios, a rebosar de vecinos, amigos y resto de personalidades, encabezadas por el presidente de la Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, el Vicepresidente Primero Francisco Conde, el Conselleiro Román Rodríguez, representantes del obispado de Lugo, el Alcalde de Monforte y Presidente de la Diputación José Tomé, resto de alcaldes de la Ribeira Sacra, Jefa de la Comisaría de Policía Nacional, diferentes cargos de la Xunta de Galicia y del Xacobeo, así como de las diferentes Asociaciones del Camino de Santiago. Ante la familia de Aida el P. Javier Agudo tuvo las primeiras palabras de reconocimiento a la gran labor que ella ha realizado en favor del Camino de Invierno, de su estudio y promoción y la riqueza que eso conlleva para las zonas por donde pasa, palabras que se escucharon en las diversas intervenciones que tuvieron lugar posteriormente en el Albergue de Diomondi.

 

Fue en este albergue, que a partir de este momento lleva el nombre de Aida Menández Lorenzo, donde asistimos a las dos intervenciones más emotivas, por un lado la de los representantes de la Asociación Camiños a Santiago por la Ribeira Sacra, Manuel López y Flora Enríquez y por otro la de Francisco Pérez, hijo de la fallecida. En todas las intervenciones palabras de reconocimiento a la gran labor de Aida Menéndez, palabras como las de Carlos Armesto, alcalde de O Saviñao y anfitrión del acto, "Aida era unha magnífica persoa, tenaz, entusiasta e valente e fixo dun proxecto un modo de vida", palabras tembién del Presidente de la Xunta: "Aida Menéndez era unha namorada do Camiño de Inverno. Viviu por e para recuperar esta ruta que percorre a Ribeira Sacra. Desde hoxe o albergue do Saviñao leva o seu nome. Non hai mellor forma de homenaxear o traballo realizado durante décadas".

 

VÍDEO HOMENAJE A AIDA MENÉNDEZ LORENZO

 

Reproducimos aquí las palabras de los representantes de nuestra Asociación:

"Sr. Presidente da Xunta, señores conselleiros, directores xerais, alcaldes, representantes da Policía, e representantes de Asociacións dos Camiños e doutras institucións. Queridos veciños e veciñas, socios e socias do Camiño de Inverno. Amigos todos.

Quero empezar dándolle as grazas, sr. Presidente, por ter a xenerosidade de recoller o testigo do seu antecesor Alberto Núñez Feijoo, que prometeu no acto de inauguración deste albergue, o 4 de maio, que levaría o nome de Aida Menéndez.

Tamén quero agradecer a Carlos, alcalde do Saviñao, como anfitrión deste evento.

Os que hoxe  aquí nos encontramos coñeciamos a Aida. Uns dende hai moito tempo, outros moito máis tarde, cando comezaba a engalar o Camiño de Inverno.

Queriámola porque era unha persoa afectuosa, cordial, xenerosa e positiva ante calquera contratempo. Admirabámola pola súa capacidade de traballo, pola súa constante actividade e polo seu entusiasmo.

Recorro ás palabras que Román Rodríguez escribiu nunha fermosa carta publicada en La Voz de Galicia o día 17 de xullo: “Aida era entusiasta, valente e decidida, con carácter e capacidade para aglutinar ás persoas e foi levándonos a moitos de nós por un Camiño que ela coñecía mellor ca ninguén”

Esa forza que amosaba acotío levouna a inicia-los estudos e as investigacións sobre o Camiño de Inverno, xa a finais do século pasado. Aida loitou por algo no que ela cría e traballou arreo durante moitos anos para cimentalo e revitalizalo.

Veu logo o recoñecemento oficial no ano 2016 e, con el, un reforzo importante para este territorio que é a Ribeira Sacra. Moitos de vós axudástela neste empeño, e iso é de agradecer, pero o seu entusiasmo tiña a forza do seu nome: Aida Sara Victoria e con el estableceu os alicerces desta ruta con fermosísimas ribeiras, que moita xente percorre hoxe para achegarse a Compostela.

Algunhas persoas mantivémo-la esperanza de que toda esa forza e todo ese entusiasmo que Aida posuía chegasen para frear a súa doenza. Non foi así, pero quédano-la grande herdanza desta ruta de concordia e de harmonía da que Aida foi a creadora. 

Por todo isto estamos hoxe aquí, neste lugar que nos parece o máis axeitado para resaltar o labor da nosa presidenta, porque este singular albergue é posiblemente un dos máis fermosos dos Camiños, residencia de antigos bispos.

Porque está ó carón dunha das igrexas románicas máis representativas polas  que discorre este Camiño, que podería   incluso ter o apelativo de Ruta Sacra. 

Aquí está un dos tramos máis fermosos das rutas a Santiago. Unha antiga calzada romana baixo a fronda dos carballos e dos castiñeiros, onde disfrutar, especialmente no outono, coas cores vermellas, amarelas e moradas dos seus viñedos, e xuntarnos co padre Miño no lugar de Belesar.

Grazas de novo a tódolos presentes e a ti Aida, Ultreia! Camiñaremos contigo. Sempre nas nosas lembranzas e nos nosos corazóns."